Da man de William Wey, ilustre peregrino inglés, trasladámonos á Coruña da segunda metade do s. XV. Wey chega por mar ao porto da cidade no ano 1456 deixando por escrito un dos relatos de peregrinos xacobeos máis antigos que se coñecen e, sen dúbida, un dos máis sobresaintes dos relacionados co Camiño Inglés.

DATAS Todos os xoves de xuño a setembro
HORA DE INICIO 20:30h.
DURACIÓN 1h. 30m. aprox.
PUNTO DE ENCUENTRO Porta Principal do Concello (Praza de María Pita)
PERCORRIDO
Praza de María Pita
Igrexia de Santiago
Portas do Parrote
Praza Carlos I
PREZO Gratuita (imprescindible reserva)

 

Para participar en calquera dos percorridos é imprescindible efectuar reserva previa. Soamente se admite a inscripción de 4 persoas por reserva. Non se admiten grupos.
 A reserva das visitas pecharase 2 horas antes do inicio.
 Os menores de idade participantes deberán ir acompañados por unha persoa adulta e responsable deles. É imprescindible presentarse no punto de saída 5 minutos antes do inicio do percorrido. Cada grupo irá acompañado por un guía do programa durante toda a visita.