Percorrido pola Praza de María Pita e a Casa do Concello da Coruña na compaña de Manuel María Puga y Parga, coñecido como “Picadillo”, escritor, gastrónomo e alcalde da Coruña de principios do S. XX.

DATAS Todos os xoves dende o 5 de abril ao 20 de decembro (agás 17 de maio, 1 de novembro e 6 de decembro)
HORA DE INICIO 17:00hrs
DURACIÓN 1h. 30m. aprox.
PUNTO DE ENCONTRO Porta principal do Concello (Praza de María Pita)
PERCORRIDO
Praza de María Pita
Vestíbulo do Palacio
Planta Noble
Salóns
Galería de Alcaldes e Ilustres
Alcadía de Honra
PREZO  Gratuita (imprescindible reserva)

Para participar en calquera dos percorridos é imprescindible efectuar reserva previa. Soamente se admite a inscripción de 4 persoas por reserva. Non se admiten grupos.
 A reserva das visitas pecharase 2 horas antes do inicio.
 Os menores de idade participantes deberán ir acompañados por unha persoa adulta e responsable deles. É imprescindible presentarse no punto de saída 5 minutos antes do inicio do percorrido. Cada grupo irá acompañado por un guía do programa durante toda a visita.