O héroe británico Sir John Moore condúcenos ao ano 1809 para introducirnos de cheo nun dos episodios bélicos máis importantes das Guerras Napoleónicas e desvélanos unha das historias máis románticas da vella Europa.

DATAS Xoves de xullo, domingos de agosto, sábados dende o 3 de novembro ao 22 de decembro
HORA DE INICIO X-D: 12:30 h. / S: 12:00 h.
DURACIÓN 1h. 30m. aprox.
PUNTO DE ENCUENTRO Porta principal do Concello (Praza de María Pita)
PERCORRIDO
Praza de María Pita
Xardín de San Carlos
Tumba de Sir John Moore
Museo Militar da Coruña
PREZO Gratuita (imprescindible reserva)

 

Para participar en calquera dos percorridos é imprescindible efectuar reserva previa. Soamente se admite a inscripción de 4 persoas por reserva. Non se admiten grupos.
 A reserva das visitas pecharase 2 horas antes do inicio.
 Os menores de idade participantes deberán ir acompañados por unha persoa adulta e responsable deles. É imprescindible presentarse no punto de saída 5 minutos antes do inicio do percorrido. Cada grupo irá acompañado por un guía do programa durante toda a visita.